Peche da intervención arqueolóxica no Castro das Croas

11/09/2014

Mañá venres, día 12 de setembro, ás 20 horas, vai ter lugar o acto de peche da intervención arqueolóxica que se desenvolveu no Monte das Croas. Haberá unha visita guiada ao xacemento e presentaranse as actividades e proxectos que se van desenvolver a partir de agora:
-Programa de dinamización: visitas guiadas, roteiros e conferencias
-Proxecto de nova campaña de excavación para o 2015
Para afondar no proceso aberto e participativo xerado arredor do Espazo arqueolóxico e etnográfico do Val de Tomeza e Salcedo, queremos convidarte a participar nesta actividade e sumarte así ao numeroso colectivo de amigos e amigas do Monte das Croas.
Contamos contigo!
Go top