- Salcedo no tempo - http://salcedonotempo.eu -

Ecos do Castro. Os voluntarios: Marcos Pérez

Marcos Pérez cóntanos a súa experiencia como voluntario na escavación do Castro das Croas. Considera interesante aprender a metodoloxía e probar como se traballa coas ferramentas dos arqueólogos.

Dende o seu punto de vista, “tocar restos arqueolóxicos axuda a ter unha vinculación máis forte co teu pasado e o teu territorio”.