Ecos do Castro. Os veciños: José Ballesteros

13/10/2014

José Ballesteros explícanos os usos que tivo o Monte das Croas. Foi lugar de pasto para animais e tamén de recollida de estrume para as cortes. En San Xoan, alí facíase a fogueira e tamén cortaban a carrasquiña.

Ballesteros tamén recorda que alí, na estrada, se facía o Entroido. Naquel tempo, dous homes disfrazados e con cornamentas postizas tiraban por un carro cargado de toxo, e despois recitábanse nun palco as críticas aos veciños.

Go top