Ecos do Castro. As veciñas: Milagros Capelo

17/10/2014

Milagros Capelo recorda saír do colexio e subir ao Monte das Croas a xogar nas pedras escorregadoiras e, no inverno, cando chovía formábanse pozas e ao facer frío conxelábanse, e elas xogaban a romper o xeo que se formaba.

Por outra parte, o Monte das Croas era lugar de pastoreo para as ovellas que tiñan na casa e tamén viñan recoller a carrasquiña por San Xoan.

Go top