Visita dos alumnos do Colexio San Xosé

22/10/2014

Hoxe visitaron o Monte das Croas un grupo de preto de 50 alumnos de 5º e 6º de Primaria do Colexio San Xosé de Pontevedra. Os rapaces non perderon detalle das explicacións do antropólogo Rafa Quintía, que lles falou sobre o castro, as súas partes, os seus habitantes e o seu xeito de vida.

Ademais, descubriron lendas sobre mouras que habitaban neste monte, sobre ritos que se facían preto do lugar e sobre os túneis que comunican este espazo con outros da parroquia.

A visita tamén levou aos rapaces ata os muíños do río Batán, onde tiveron oportunidade de ver esta construcción por dentro e saber como funciona.

As visitas continúan mañá xoves cun grupo do CEIP San Martiño de Salcedo e outro do Vidal Portela; e o venres haberá un novo grupo do CEIP San Martiño. En total serán arredor de 250 alumnos os que visiten o entorno do Monte das Croas durante esta semana de visitas de escolares.

Go top