Rematan as visitas de escolares ao Monte das Croas

24/10/2014

O Monte das Croas reviviu durante esta última semana unha experiencia que facía anos que non sentía: encherse de nenos que analizan prantas ao detalle, que perseguen aos pequenos animais que atopan e que botan carreiras polos camiños de acceso.

Durante os últimos catro días foron preto de 250 rapazas e rapaces os que visitaron o Monte das Croas e os Muíños do Batán. En grupos de 50 e durante máis de unha hora e media, tiveron oportunidade de descubrir os segredo que agocha este espazo da parroquia de Salcedo.

Hoxe estiveron os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEIP San Martiño de Salcedo e moitos deles escotiraron por primeira vez a lenda da Moura: unha moza moi guapa que vivía baixo a croa deste monte e que tiña moita riqueza, pois posuía moitas pezas persoais e de costura que eran de ouro. Só había un problema, que a moura estaba encantada e pola noite trasformábase en serpe e só podía ser desencantada se un mozo lle sacaba o caravel da boca ao reptil.

O encargado de contarlles esta lenda, historias e tradicións, ademais de explicarlles como era o modo de vida dos castrexos, foi o antropólogo Rafa Quintía, quen lles recordou a importancia de que os maiores lles conten aos cativos as lendas que coñezan de vello para que non se perda o patrimonio inmaterial da parroquia.

Go top