Igrexa de Salcedo

Templo de estilo neoclásico que presenta planta de cruz latina, co cruceiro máis alto que a nave e de grandes dimensións, as súa naves interiores están cubertas con bóvedas de canón de pedras de cantería.

Nas proximidades do templo parroquial sitúase a Casa Reitoral, un edificio construído en 1764 que posúe un orixinal reloxo de sol en forma de prisma granítico que sobresae da fachada. Conta cunha serie de ocos seriados en forma de portas e xanelas nos que destaca o trabatel que coroa as ventás do piso residencial.

O cemiterio parroquial, situado nas proximidades da igrexa, é un dos camposantos máis fermosos de Pontevedra. A súa parte histórica, a máis nobre, acolle un xardín fúnebre no que se levantaron magníficos exemplos de arquitectura loitosa de finais do século XIX e principios do XX. Destacan os cinseiros en forma de piares rematados en pináculos e un extraordinario catafalco granítico coroado por unha muller, cos ollos vendados (símbolo da fe) que sustenta nas súas mans un cáliz e un crucifixo.

Nel atópase a sepultura dos tres heroes do Campo da Porta, “víctimas en defensa de la agricultura”, así como unha foxa común do 1936 na que se sepultaron ducias de republicanos, socialistas, comunistas e galeguistas asasinados por defender as súas ideas democráticas.

Go top