Muiños do Outeiro

Por riba dos muíños do Batán localíznase os do Outeiro, un conxunto de cinco muíños coñecidos co nome de Muíño do Pé Lamoso, Muíño do Firo, Muíño do Outeiro de Arriba, Muíño do Outeiro de Abaixo e Muíño de Pereira, estes tres últimos restaurados pola veciñanza da parroquia nos últimos anos. Todos son muíños de canle dunha soa moa. Todos, agás o de Pereira, son muíños de herdeiros, de propiedade compartida que se transmite en herdanza. As quendas de uso regulábanse por un tempo determinado. Deste uso compartido xurdían relacións sociais moi fecundas, como as muiñadas (festas nocturnas no muíño).

O muíño de Pereira é de maquía, onde había un muiñeiro que cobraba pola moenda.

Go top