Ecos do Castro. Os arqueólogos: Victor Barbi

06/11/2014

O arqueólogo Victor Barbi explícanos a orixe da intervención que tivo lugar no ano 1992. Entón quixeron contextualizar o achado da pedra e confirmar a existencia dun castro. A carón da pedra que tiña os gravados fíxose unha sondaxe pero sin resultados positivos.

A segunda parte da intervención consistiu nunha “sondaxe valorativa nun lugar máis intacto e fixemos na zona norte e sur”, indica Barbi. Apareceu entón unha alineación de pedras e descubriuse a muralla. Cos resultados da intervención “confirmouse que era un castro pola muralla, pola cronoloxía da cerámica e polo emprazamento do lugar: alto, estratéxico e con moi boa visibilidade”, asegura o arqueólogo.

Go top