Administrador

Author archive

Sociedade de Agricultores

A escola de música de Salcedo ocupa o local que levantou a Sociedade de Agricultores no ano 1912. A principios do século pasado o rural de Galicia viviu un auténtico espertar grazas ao labor das sociedades agrarias, que traballaron pola modernización do campo e en favor das persoas que o traballaban.

Ler máis

Muiños do Batán

O conxunto dos Muíños do Batán é un dos lugares con maior interese etnográfico de Pontevedra. Formado por tres exemplares dispostos en batería ao longo dunha pendente severa, están ancorados nun fermoso treito do Río do Batán ou Cubela, que discorre entre a AP-9 e a Ponte do Batán, baixo a que unha lenda sitúa un fabuloso tesouro encantado. Boa parte destes muíños son de varios propietarios ou herdeiros, ao punto que un deles ten ata 40 donos distintos.

Ler máis

O Castro das Croas

O castro das Croas (Birrete) é un castro moi antigo, con uns 2.500-2.700 anos de antigüidade, polo que se encadra na fase de formación da cultura castrexa. Situado en terreos da comunidade de montes a 122 m. de altura e descuberto grazas aos propios comuneiros en 1991, a súa superficie habitada é de unha hectárea aproximadamente, e está constituído por unha croa (a superficie habitada máis elevada dunha aldea prehistórica) e unha terraza concéntrica. Na croa foi escavada unha cabana circular definida por un muro de 40 cm de espesor que carece de cimentación.

Ler máis

Petróglifos do Outeiro da Mina e dos Apañados

O conxunto de gravados prehistóricos do Outeiro da Mina é unha das concentracións de arte rupestre máis valiosas do concello de Pontevedra. Está constituído por un conxunto e doce grupos, algúns parcialmente destruídos. Un deles é o coñecido como A Pedra do Fundamento, que foi publicado polo historiador Manuel Murguía en 1886. Trátase dunha laxe aplanada na que hoxe son visibles ducias de cazoletas (algunhas delas aliñadas) pero que en reproducións antigas (como a realizada por Enrique Campo en 1907) incluía tamén varios motivos circulares hoxe desaparecidos.

Ler máis

Muiños do Outeiro

Por riba dos muíños do Batán localíznase os do Outeiro, un conxunto de cinco muíños coñecidos co nome de Muíño do Pé Lamoso, Muíño do Firo, Muíño do Outeiro de Arriba, Muíño do Outeiro de Abaixo e Muíño de Pereira, estes tres últimos restaurados pola veciñanza da parroquia nos últimos anos.

Ler máis

Petróglifos do outeiro do Mato das Cruces

Os gravados sitúanse nunha laxe a ras de chan que soporta os motivos, todos de repertorio xeométrico: numerosas coviñas illadas, círculos e radios concéntricos, motivos informes, liñas sinuosas, etc… un repertorio que responde a un código de comunicación oculto que somos incapaces de desentrañar.

Ler máis

Muiños da Cancela

A Cancela é un dos barrios máis populares de Salcedo, e aquí levántanse este par de muíños, o de Arriba e o de Abaixo, que foron os primeiros da parroquia en seren recuperados.

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Fernando Pintos

O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, explica que o Monte das Croas forma parte do patrimonio comunal de Salcedo e que o obxectivo é consolidalo, porque se trata dun lugar mítico da parroquia, “todos saben onde está e que significa para eles”. Pintos recorda que a principios dos 90 viuse a posibilidade […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Pablo Carro

Pablo Carro cóntanos o día que se fixo o Carnaval e apareceu a Garda Civil. Recorda que se xuntou xente de toda a bisbarra, pero ninguén pedira o permiso de Gobernación para poder reunirse, “fíxose de maneira espontánea”, explica. Carro indica que fronte á porta da taberna de Gumersindo fíxose un templete e desde alí “estabamos […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Ermitas Estévez

Ermitas Estévez recorda cando, de pequena, ela e outras catro amigas viñan os domingos ao Monte das Croas a xogar. Tamén baixaban polo río a coller as herbas de San Xoan e tirábanse polas pedras escorregadoiras “Brincamos moito aquí neste monte, pero agora está desconocido”, lamenta. Tamén explica que súa avoa, subía ao Monte das […]

Ler máis
Go top