Diario do Castro das Croas

Día a día da escavación arqueolóxica do Castro das Croas

Diario de escavación: Día 5

A chuvia acompañou hoxe os traballos de escavación no Castro das Croas, por iso non se puido intervir na zona da cabana. Na muralla comezaron os traballos para eliminar os testigos intermedios e apareceu baixo unha árbore unha estrutura que parece de reforzo da muralla, similar á que atoparon nas escavacións do ano 1993.

Ler máis

Diario de escavación: Día 4

Continúan os traballos no Castro das Croas. Os empregados de A Citania, Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio seguen limpando na zona da muralla e tamén na da cabana.

Ler máis

Diario de escavación: Día 3

Nesta xornada de traballo descubrimos que a cabana ten sete metros de diámetro, o que confirma que se trata dunha vivenda das primeiras etapas do desenvolvemento da cultura castrexa.

Ler máis

Diario de escavación: Día 2

Os traballos trasladáronse hoxe á cabana descuberta fai 20 anos por Antonio de la Peña. Comezouse a limpar a cobertura vexetal que se acumulou durante estes anos e apareceron dous achados líticos que semellan dúas pedras de moer. Resulta sorprendente que cos primeiros traballos xa aparecesen restos. A cousa promete.

Ler máis

Diario de escavación: Día 1

Primeira xornada de traballo no Castro das Croas. Hoxe comezamos limpando na parte baixa do xacemento, onde se atopa a impresionante muralla que no ano 1993 escavou parcialmente Antonio de la Peña Santos. O obxectivo é poder datala e deslevar se realmente se trata dun castro que nunca foi habitado, teoría á que chegou o […]

Ler máis
Go top