Novas

O CITA amosa máis de 200 pezas do patrimonio inmaterial de Salcedo

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) acolle dende hoxe ata o vindeiro 29 de marzo unha exposición que pretende amosar a través de imaxes e obxectos a riqueza patrimonial da parroquia de Salcedo A mostra está plantexada en tres bloques temáticos: a mitoloxía, a protección e a curación. No apartado da mitoloxía céntrase […]

Ler máis

O Val de Tomeza e Salcedo, os pasos para 
a súa posta en valor

O proxecto de posta en valor do espazo etnográfico e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo comezou en xuño de 2013, cando se deron a coñecer as actuacións que se levarían a cabo neste espazo que acolle un importante conxunto de bens cun elevado valor ecolóxico, etnográfico, histórico e arqueolóxico. A recuperación dos muíños […]

Ler máis

Obras de conservación e limpeza de patrimonio hidráulico dos ríos Batán e Gafos

A Concellería de Patrimonio Histórico está a levar a cabo diversas actuacións adicadas a recuperar algúns elementos do patrimonio hidráulico do municipio, especialmente no referido a antigos muíños, canles de rego e depósitos de auga. A primeira das actuacións ten lugar nos muíños do Outeiro, no río do Batán, que afecta á limpeza do último dos seus muíños e […]

Ler máis

Rafa Quintía recolle nun libro o patrimonio inmaterial da parroquia de Salcedo

A Casa das Campás acolleu onte a presentación do libro ‘Patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas’, unha obra do antropólogo Rafael Quintía que engloba a sabedoría popular desta parroquia pontevedresa. Na presentación, o autor estivo arroupado polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, e polo antropólogo Buenaventura Aparicio, autor do […]

Ler máis

Rematan as visitas de escolares ao Monte das Croas

O Monte das Croas reviviu durante esta última semana unha experiencia que facía anos que non sentía: encherse de nenos que analizan prantas ao detalle, que perseguen aos pequenos animais que atopan e que botan carreiras polos camiños de acceso. Durante os últimos catro días foron preto de 250 rapazas e rapaces os que visitaron […]

Ler máis

Preto de 100 alumnos visitaron o Monte das Croas

Hoxe foron preto de 100 alumnos os que visitaron o Monte das Croas e os muíños do río Batán. Foron dous grupos dos CEIP San Martiño de Salcedo e Vidal Portela da cidade de Pontevedra os que tiveron oportunidade de coñecer un pouco máis sobre a historia dos castrexos, do seu xeito de vida e […]

Ler máis
Go top