salcedo

Artigos con esta etiqueta

Ecos do Castro. Os arqueólogos: Xurxo Constenla

Xurxo Constenla fai fincapé na implicación da Comunidade de Montes de Salcedo co patrimonio da súa parroquia. Ademais, fai un repaso á posta en valor do patrimonio a través da redes sociais, dos medios de comunicación dos vídeos, de charlas, de voluntarios… accións que considera “completamente necesarias”. Do Castro das Croas asegura que é unha “escavación […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os arqueólogos: Antonio de la Peña

O arqueólogo Antonio de la Peña explícanos cómo foi a intervención do ano 1993, a que el considera “a última dunha época”, e que se fixo a través de diferentes programas de investigación avalados pola Universidade, os Museos e o Instituto Sarmiento. Esta fíxose coa participación de voluntarios. Nese momento descubriuse “un poboado cunha liña […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os arqueólogos: Victor Barbi

O arqueólogo Victor Barbi explícanos a orixe da intervención que tivo lugar no ano 1992. Entón quixeron contextualizar o achado da pedra e confirmar a existencia dun castro. A carón da pedra que tiña os gravados fíxose unha sondaxe pero sin resultados positivos. A segunda parte da intervención consistiu nunha “sondaxe valorativa nun lugar máis […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os antropólogos: Rafael Quintía

O antropólogo Rafael Quintía explica que no “discurso popular do castro atopamos unha riqueza mitolóxica extraordinaria: hai unha decena de lendas asociadas ao castro e a súa contorna”. A lenda da moura do Monte das Croas é a máis coñecida e ten diversas variantes. De feito, está tan extendida que “era frecuente que os nenos […]

Ler máis

Ecos do castro. Os antropólogos: Buenaventura Aparicio

Buenaventura Aparicio fálanos sobre o pensamento popular arredor do Castro das Croas e como o feito de que sexa “o asentamento máis antigo da parroquia apórtalle prestigio e credibilidade”. Aparicio tamén fala dos tesouros, túneles e da moura que se aparece e desaparece cando se achega a xente. A figura da moura aparécese sobre unha […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Ramón Laxe

O presidente da Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta, Ramón Laxe, agradece ao concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, o seu interese pola escavación do Castro das Croas e tamén pola recuperación do patrimonio de Salcedo. Laxe considera que o Castro “será un punto de visita para todos os veciños da parroquia e o […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Fernando Pintos

O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, explica que o Monte das Croas forma parte do patrimonio comunal de Salcedo e que o obxectivo é consolidalo, porque se trata dun lugar mítico da parroquia, “todos saben onde está e que significa para eles”. Pintos recorda que a principios dos 90 viuse a posibilidade […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Pablo Carro

Pablo Carro cóntanos o día que se fixo o Carnaval e apareceu a Garda Civil. Recorda que se xuntou xente de toda a bisbarra, pero ninguén pedira o permiso de Gobernación para poder reunirse, “fíxose de maneira espontánea”, explica. Carro indica que fronte á porta da taberna de Gumersindo fíxose un templete e desde alí “estabamos […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Ermitas Estévez

Ermitas Estévez recorda cando, de pequena, ela e outras catro amigas viñan os domingos ao Monte das Croas a xogar. Tamén baixaban polo río a coller as herbas de San Xoan e tirábanse polas pedras escorregadoiras “Brincamos moito aquí neste monte, pero agora está desconocido”, lamenta. Tamén explica que súa avoa, subía ao Monte das […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Francisco Ballesteros

Francisco Ballesteros recorda cando ían xogar ao Monte das Croas e a vixiar o gando, pero o que non lle esquece son os entroidos que se facían neste monte, que “eran únicos”. “Había unha represión tan dura que había que escapar”, asegura, e iso foi o que pasou no último entroido. No escenario estaban a representar […]

Ler máis
Go top